ACTIVIDADES

 

          FELIZ SAN VALENTIN 2013

Do 7 ao 14 de Febreiro de 2013,compre e pida o RASCA correspondente nos establecementos asociados a AEAS é probe a súa  sorte.

Vales de compra de 20,30 e 50 euros están a súa espera.

                                  VENDER MAIS NADAL

    A  Deputación de pontevedra convoca o programa formativo "VENDER MAIS NADAL".

Estas bases teñen como obxecto establecer as pautas para a selección dos pequenos comerciantes interesados en tomar parte no programa formativo “Vender máis Nadal”.

Non poderán tomar parte na actividade establecementos comerciais que traballen baixo o modelo de negocio de franquía e/ou cadea comercial.

Os obradoiros temáticos gratuítos “Vender máis Nadal”, compostos por sesións eminentemente prácticas, desenvolveranse na nova aula-taller de formación que a Deputación de Pontevedra vén de habilitar no 2º andar do Edificio Administrativo. Un espazo inspirado nun escenario de vendas real.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra:

  • Pazo provincial: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 17:00 a 19:00 h; e sábado de 9:00 a 13:00 h)
  • Sede Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres de 9:00 a 13:00 h)

Mais información en http://www.depontevedra.es/

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola