InformaciónCorreo

   Castellano

 




A Papuxa

Estimado socio/a:

Queremos comunicarlle que no mes de Xuño estará a vosa disposición a “Oficina de Desenvolvemento Laboral e Empresarial”, polo momento de 9:30h. a 14:00h., e que se atopa na rúa Rosalía de Castro nº 5 entlo-B (na academia de informática Ceymfor).

Un dos primeiros cometidos desta oficina será organizar a “I FEIRA DE ARTESANÍA GALEGA: A PAPUXA”, que se celebrará en Arcade, durante o mes de Agosto, de Luns a Xoves de 18 h. a 21 h. O obxetivo da mesma, ademáis de dar a coñecer a riqueza que posuimos en artesanía, danza e música tradicional, é revitalizar o comercio e consagrar a zoa como centro turístico nos meses de verán. Os beneficios que se poden obter son tanto sociais como económicos.

Éste proxecto, enmárcase dentro dun convenio firmado entre AEAS e o Padroado de Turismo Rías Baixas da Excelentísima Deputación de Pontevedra, para o desenvolvemento turístico de Soutomaior; e conta coa aprobación do Concello para peatonalizar a rúa José Solla dende o cruce de Rosalía de Castro ata o de Pierres, os días de celebración da feira.

Os comercios desa mesma rúa e limítrofes terán a posibilidade de equiparar o horario dos seus establecementos ó da feira, pois esas horas serán as de máxima afluencia de persoas na rúa; ó igual que acontece noutros lugares turísticos como Sanxenxo ou Baiona.

A Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior vai acometer un gasto importante e necesita a colaboración de todos os seus socios, pois se pretende consagrar a feira como un referente na provincia de Pontevedra ou incluso a nivel de Galicia. Así o mes de agosto convirtirase no de maiores beneficios tanto para o comercio como para a hostelería.

Esperando que ésta iniciativa de AEAS teña boa acolllida por parte dos asociados, e xenere benestar para o comercio e os habitantes de Arcade-Soutomaior, os saúda atentamente: Xerente da Asociación

Asdo./ Yolanda Rodríguez González