|
Estimado asociado:
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo concedeunos unha subvención ó 50%, para a creación dunha Área Comercial (AC) en Arcade. Hai tres actuacións subvencionables:
- Unidade Xerencial; mediante a cal se contratou a Yolanda catro meses máis.
- Sinalización; que consiste en realizar planos guías cos establecementos da (AC), unha especie de pegatinas que distingan ós que forman parte e bolsas co logotipo da Área.
Tanto as guías como as pegatinas son gratuitas, e as bolsas están subvencionadas. Rogaríamos a todos os comerciantes asociados que empregen bolsas plásticas que se poñan en contacto con AEAS (no teléfono 986.700.766) a fin de recabar información sobre tamaños e cantidades que se utilicen entre os establecementos.
- Formación; realizarase un curso de escaparatismo, gratuito, ó cal poden acceder tanto autónomos como empregados que formen parte da AEAS. Para anotarse hai que presentar unha fotocopia do D.N.I. e da tarxeta da Seguridade Social (polas dúas caras), fotocopia do último recibo de autónomos ou a cabecera da nómina e cubrir un impreso, que se atopa no local da AEAS. Tamén poden chamar ó local 986.700.766 para que alguén lle recolla a documentación no seu establecemento. A data límite para anotarse é o 23 de Setembro, o curso terá lugar os Luns, Mércores e Venres, de 21:00 a 23:00 horas, en Arcade, e comezará o 28 de Setembro.
Mediante a Fundación Tripartita e o Fondo Social Europeo tamén terá lugar un curso de Prevención de Riscos Laborais, homologado e destinado únicamente a autónomos. O curso é de 100 horas das cales 25 son presenciais e 75 a distancia. A documentación precisa para anotarse é a mesma que para o de escaparatismo, polo cal si alguén quere facer os dous non ten que traer a documentación por duplicado. A data límite para anotarse é o 23 de Setembro e comezará o 18 de Outubro.
A AEAS está interesada en realizar cursos do Servicio Galego de Igualdade, pero para iso precisa realizar unha ampliación nos Estatutos. No Capítulo I, artículo 4º:
“ Son fines de la Asociación, la gestión, defensa y coordinación de los intereses comunes de sus miembros.”
Se cambiará por:
“ Son fines de la Asociación:
- la gestión, defensa y coordinación de los intereses comunes de sus miembros.
- Trabajar en el área de la mujer, para mejorar la calidad de vida y la participación de estas, especialmente de aquellas que sufren algún tipo de carencia, marginación o desatención.”
Tódolos socios teñen dereito a presentar alegacións a este cambio, antes de que se celebre a Asamblea Xeral de Socios.
O “Proxecto de Ley Reguladora de la venta, el suministro, el consumo y la publicidad de los productos del tabaco”, xa está a disposición dos asociados no local da AEAS, así como as alegacións da Federación de Hostelería. Sinalar que os bares, restaurantes e demáis establecementos de restauración cunha zona destinada a clientes superior ós 100 m2 terán que habilitar zonas exclusivas para fumadores.
A Universidade Europea de Madrid organiza un Máster en Dirección de Empresas a distancia, para o cal non é necesario ter formación universitaria. Existen becas e diferentes formas de financiación para poder realizalo. Para máis información chamar a: Alberto Durán 619.328.288
Dúas empresas presentaron unha colaboración para os asociados:
ARCADE VISIÓN
10% dto. en gafas graduadas
10% dto. en lentes progresivas
10% dto. en gafas de sol
20% dto. en lentes de contacto anuales
Servicios Gratuitos para usted y familiares:
Revisión de la vista Audiometría (revisión del oído)
Limpieza de lentes de contacto Mantenimiento de su gafa
CORREDURÍA DE SEGUROS S4
Adxúntase a colaboración
Atentamente:
A directiva
|