Actividades do Concello de Soutomaior polo Día Internacional da Muller
2 Mar 2010 | Concello de Soutomaior - Concellería da Muller

O próximo 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da Muller, e o Concello de Soutomaior vai levar a cabo unha serie de actividades para conmemoralo:

 

- Programa sociocultural para mulleres "Pechado por Reformas"

Xornadas que teñen como obxectivo fundamental equilibrar o uso dos tempos, potenciando o tempo de ocio das mulleres, como lugar de encontro para celebrar o Día Internacional da muller, os avances acadados en prol da igualdade e futuros obxectivos nesta materia.

HORARIO: 8 ,15 e 22 de Marzo de 17:00 a 20:00 horas.
LUGAR: Multiusos de Arcade.
DESTINATARIAS: ACTIVIDADES GRATUÍTAS PARA MULLERES.
Prazas limitadas.
Por orde de inscrición.

 

  • OBRADOIRO DE BAILE-TERAPIA.

- Crear un espazo para explorar o movemento e as emocións.
- Aportar recursos sinxelos de autocoñecemento para sacar proveito da clase.
- Descargar as tensións acumuladas como ferramenta de benestar.
- Recuperar a creatividade, imaxinación e sensibilidade, fomentar a desinhibición e compartir.
20 participantes. Duración: 3 horas

 

  • OBRADOIRO DE ARTE-TERAPIA.

- Crear un espazo para fomentar as potencialidades artísticas, favorecer o benestar e as relacións interpersoais.
- Potenciar a autoestima e as capacidades creativas.
20 participantes. Duración: 3 horas

 

  • OBRADOIRO DE RISOTERAPIA.

- Dirixir a atención voluntaria cara os aspectos positivos.
- Exercitar as lembranzas asociadas o agradable e saudable.
- Mellorar o control dos pensamentos negativos.
- Crear un espazo de diversión e confianza para compartir o benestar.
20 participantes. Duración: 3 horas

 

- 19 de Marzo: I Xornada do Pai igualitario

  I Concurso de Debuxos "Papá mans á obra"

ORGANIZA: CONCELLO DE SOUTOMAIOR Concellería da Muller, Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Soutomaior
INFORMACIÓN:
Centro de Información á Muller. 986701227
COLABORAN:
Cooperativa de Ensino Santiago Apóstol (A Montesiña) C.E.I.P. Padín Truiteiro (Arcade).

Poden descargar as bases do concurso no arquivo que atoparan ó final deste artigo. 

- 27 Marzo: Olimpiada de Pais pola igualdade

Esta olimpiada dirixida a pais, ten coma obxectivo principal implicar á poboación masculina nas actividades en prol da igualdade real de oportunidades. (mínimo 10 participantes).

Máis información e inscricións no CIM, Centro de Información á Muller. 986701227

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
basses_concurso_debuxos_dia_pai.pdf73.8 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola