Curso sobre a Adaptación da empresa á Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)
26 Mar 2009 | Asociación de empresarios de Redondela
 A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración cá Confederación de Empresarios de Pontevedra e na súa labor de fomentar a formación continua entre os seus asociados, dará comezo a unha nova acción formativa dirixida a traballadores en activo, de carácter intersectorial. Trátase dun curso na modalidade presencial que se levará a cabo na sede da Asociación de Empresarios de Redondela:

 "ADAPTACIÓN DA EMPRESA Á LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS (LOPD)" cunha duración de 35 horas.

Data da inicio: 27/04/09

Data de finalización: 02/06/09

Horario das clases: o horario será de luns a mércores de 20:30 a 22:30

O Curso ademais de dar as nocións básicas en canto a LOPD, tratará a adopción de medidas técnicas e organizativas, a detección e inscrición de ficheiros e o documento de seguridade.

Para inscribirse deberá poñerse en contacto cá Asociación de Empresarios de Redondela, chamando ao 986404012 ou 986401496, número de prazas limitadas

 

AdxuntoTamaño
Adaptacion_da_empresa_a_LOPD_marzo_09.doc300 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola