Axudas para adquisición de ordenadores e páxinas web comerciais
27 Abr 2012 | AEAS
Proximamente abrirase o prazo para a presentación de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista Galego (ORDE do 11 de agosto de 2011).
Estas axudas subvencionan a adquisición de equipos informáticos para comerciantes retallistas como computadores de sobremesa (PC), portátiles, netbooks, Terminais Punto de Venda (TPV) ou desenvolvemento de páxinas web... As axudas serán concedidas sempre que se reúnan os requisitos da convocatoria por orde de petición das mesmas ata esgotar o crédito dispoñible.
Requisitos para ser beneficiario da axuda:
• Comerciantes polo miúdo con domicilio e alta fiscal en Galicia
• Non superar os 10 traballadores.
• Locais comerciais inferiores a 150 m2 de superficie.
• As persoas beneficiarias desta axuda para equipamentos similares aos exercicios 2006 a 2010, non poden ser beneficiarias nesta convocatoria, a non ser que sexa para abrir outro local.
• Estar a actividade comerciante polo miúdo incluída nalgún dos seguintes
epígrafes do IAE e NON estar dados de alta noutros epígrafes distintos que non aparezan na lista da orde.
Para máis información non dubide en asesorarse na oficina da AEAS.



