Finalidade:
Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación da liña de financiamento subsidiado e avalado para facilitar o acceso ao financiamento para circulante dos autónomos e as microempresas.
Beneficiarios:
Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases aquelas empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas, e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas segundo os termos recollidos no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, pola que se aproba o Estatuto do traballo autónomo.
Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 30 de decembro de 2009



