Axudas do IGAPE para o apoio financeiro ós investimentos das PEMES
24 Abr 2009 | A.E.A.S.
  O Consello de Dirección da Igape aprobou as bases reguladoras das axudas para o apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia, financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ó abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras. (D.O.G do 17 de Abril de 2009, adxuntonesta páxina)

OBXECTIVO: Regular o contido e procedemento da tramitación dunha liña de subsidiación ó financiamento obtido polas pemes que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2009 de Instituto de Crédito Oficial (ICO), seguintes:

  • Liña ICO-PEME, tramo I: Financiamento de activos fixos produtivos
  • Liña de crecemento empresarial
  • Liña de internacionalización
  • Liña emprendedores

BENEFICIARIOS:

  • Poderán ser beneficiarias as empresas que teñan a consideración de microempresas ou pequenas e medianas empresas (PEMES), segundo a definición establecida pola Comisión Europea.
  • Que formalizasen operacións de crédito con cargo a algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2009 do ICO por un importe superior a 25.000€
  • Terán que estar ó día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ademais deberán reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento:

                - Liña ICO-PEME: Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica. Serán subvencionables os sectores especificados no anexo I desta orde. O proxecto subvencionable deberá realizarse en Galicia.

                - Liña Crecemento: Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e conten un cun cadro de persoal de traballadores de 50 ou máis persoas o 31 de decembro de 2008. Serán subvencionables os sectores especificados no anexo I desta orde. O proxecto subvencionable deberá realizarse en Galicia.

                 - Liña Internacionalización: Pemes con forma xurídica de sociedade mercantil ou cooperativa e que teñan o seu domicilio social en Galicia ou, estando domiciliadas fóra da comunidade conten con maioría de capital galego. Serán subvencionables tódolos sectores, agás os excluídos pola comisión europea no artigo 1 do regulamento 800/2008, no art. 1 di reg. 875/2007, e no artigo 1 do reg. 1535/2007. O proxecto deberá realizarse fóra do territorio español.

                   - Liña Emprendedores: Microempresas constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou ben profesionais autónomos que se dean de alta no IAE desde a dita data. Serán subvencionables tódolos sectores baixo as mesmas excepcións que na Liña internacionalización. O proxecto subvencionable deberá realizarse en Galicia.

Os beneficiarios deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo, e como mínimo 3  anos dende a finalización do proxecto.

CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS:

  • O proxecto deberá materializarse en activos productivos novos, nos conceptos e prazos máximos establecidos polo ICO nos respectivos contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras mediadoras. No caso de modificación do proxecto inicial ou dos prazos de execución, deberá solicitarse autorización previa, expresa e motivada ó ICO, que autorizaría a modificación ou ampliación deste prazo e a súa duración.
  • Por activo novo enténdese aquel que se adquira a un terceiro e supoña unha primeira transmisión do ben. No caso dun contrato de leasing, a empresa deberá comprometerse a exercer a opción de compra.
  • Por activo produtivo enténdese aquel que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade principal da empresa descrita no seu obxecto social.
  • Non serán financiables:

                  - Activo corrente, adquisición de empresas e tomas de participación, agás na liña de internacionalización.

                  - Investimentos cuxa finalidade sexa a deslocalización da empresa.

                  - Elementos de transporte, no sector de transporte por estrada ou urbano.

                  - O imposto sobre o valos engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ó investimento.

CONTÍA:

1. O importe mínimo de financiamento será de 25.000 € por beneficiario, e o máximo será o establecido polo ICO para cada unha das liñas:

- Liña ICO-PEME e Liña de internacionalización: 1.500.000 €

- Liña Crecemento empresarial: 6.000.000 €

- Liña emprendedores: 200.000 €

2. Porcentaxe de financiamento

- Liña ICO-PEME ata un 100% do investimento que se realizará en activos novos produtivos.

- Liña emprendedores: ata un 90%

- Liña crecemento e internacionalización: ata un 80% do investimento que se realizará en activos novos produtivos.

3. Prazos e sistemas de amortización

Serán os establecidos polo ICO nos respectivos contratos de financiamento asinado cas entidades financeira mediadoras.

As entidades de crédito non poderán cobrar cantidade algunha polas xestións relativas ó cumprimento das obrigas destas bases, agás a relativa ó cobramento, dento dos límites autorizados polo Banco de España, da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

A subsidiación do tipo de xuro nominal acollidasa este convenio será con carácter xeral, de 0.65 puntos, pero para proxectos localizados en concellos recollidos no Anexo V, outro outorgaráselle  unha subsidiación adicional de 2 puntos porcentuais do tipo de xuro.

A axuda financeira, tanto a subsidiación do tipo de xuro, como e é o caso, a subvención da comisión de aval da SGR, pagarase dunha soa vez.

O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo/leasing, non podendo a entidade financeira cobrar comisión algunha por esta amortización.

PRAZO: Iniciarase ó día seguinte da publicación destas bases e prolongarase ata o 21 de Febreiro de 2010

INCOMPATIBILIDADES: Non se poderán acoller a estas axudas aqueles proxectos que se vaian financiar mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tip ode subvención encamiñada a mellorar as condicións financeiras respecto das normais de mercado, agá sas bonificacións do ICO.

Para consultar os Anexos ou obter máis información consulten a Orde adxunta.

AdxuntoTamaño
Axudas_o_apoio_financeiro.pdf217.86 KB
correccion_de_erros_apoio_financeiro.pdf28.41 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola