Axudas a empresas para o seu financiamento
30 Set 2009 | IGAPE- UPD Coordina local
 

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras adheridas polo que se establece unha liña de avais do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar ás empresas galegas o acceso ao financiamento operativo adicional. 

Finalidade:

Establecer unha liña de avais do Igape que facilite ás empresas galegas o acceso a financiamento adicional a través de pólizas de crédito, liñas de desconto facturas, de efectos comerciais e confirming.

 

Beneficiarios:
As empresas con domicilio social e fiscal en Galicia, que non se atopen en situación de crise,  que desenvolvan algunha das actividades relacionadas no anexo II.b. e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo Igape.

 

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 30 de decembro de 2009

 


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola