Axudas para o fomento da implantación de plans de igualdade
13 Ago 2009 | Xunta de Galicia - Consellería de Traballo e Benestar

 

A Consellería de Traballo e Benestar ven de publicar no D.O.G. do 13 de Agosto as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).

Beneficiarios: A nivel xeral as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, unha persoa.

- Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade.

As pequenas e medianas empresas que ademais dos requisitos xerais se atopen nalgún dos supostos seguintes:

-  Empresas que implanten dun xeito voluntario un plan de igualdade nos termos esixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.
- Empresas que implanten, en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, un plan de igualdade nos termos esixidos nos artigos 9 e 10 da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, para os plans legalmente obrigatorios.

- Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

As empresas que, ademais dos requisitos xerais, no momento da solicitude conten cun máximo do 20% de mulleres no seu cadro de persoal e sempre que concorran os requisitos seguintes:
- Que se trate dun sector de actividade no cal sexa habitual a infrarrepresentación laboral feminina.
- Que a empresa se comprometa a incrementar a porcentaxe de representación feminina, ben por incluílo no seu plan de igualdade ou ben por propia iniciativa.

- Liña III: axudas para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

As empresas que reúnan os requisitos xerais e que, de xeito individual ou mancomunado, poñan en marcha medidas de conciliación.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de setembro de 2009

- No caso de que se realicen accións obxecto de subvención pero con posterioridade ao remate do prazo de solicitude, sinalado nesta orde, as empresas poderán solicitar as axudas con cargo á orde do ano seguinte.
- As accións polas que se solicitaron as axudas previstas nesta orde e que se realizaron antes da data de remate do prazo de solicitude prevista pero que non se puideron xustificar no prazo establecido, poderán ser obxecto de nova solicitude de axuda con cargo á orde do ano seguinte. Neste caso, tratarase de accións que supoñan unha continuidade e que poidan ser solicitadas durante varios exercicios.

Para máis información descarguen o arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
axudas_fomento_igualdade.pdf140.5 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola