Axudas a mulleres que sofren violencia de xénero
6 Abr 2010 | Secretaría Xeral da Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade publica as bases para as axudas periódicas de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero.

Prazo de presentación: ata o 31 de outubro de 2010

Requisitos das solicitantes:

- Ser muller maior de idade ou emancipada vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.

- Residir na Comunidade autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia

- Carecer de disponibilidade de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen estas axudas con anterioridade.

Natureza das axudas:

A Axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata un máximo de doce mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu.

A contía que poderá alcanzar esta axuda establecerase na convocatoria en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda.

 

Para máis información sobre as condicións e os modelos de solicitude consulten o arquivo adxunto.

Tamén poden dirixirse á Secretaría Xeral de Igualdade a través do enderezo de correo electrónico igualdade [arroba] xunta [dot] es ou no teléfono 900.400.27.

Dende a Asociación de Empresarios poñémonos coma sempre á vosa disposición para colaborar en calquera trámite.

 

 

AdxuntoTamaño
axudas_violencia_de_xenero.pdf124.31 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola