O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ven de publicar o procedemento de posta en marcha do Bono Social en materia de enerxía eléctrica.
Beneficiarios:
Consumidores con potencia contratada na súa vivenda habitual inferior a 3 kW
A partir do 1 de xullo de 2009, ser´na beneficiarios do bono social os titulares de puntos de suministro de electricidade que, sendo persoas físicas, teñan unha potencia contratada inferior a 3 kW na súa vivenda habitual e que estean acollido á tarifa de último recurso.
Pensionistas
Terán dereito os titulares dun punto de suministro con 60 ou máis anos de idade que acrediten ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente ou viuvez e que perciban as contías mínimas vixentes en cada momento para ditas clases de pensión con respecto ós titulares con cónxuxe a cargo ou ós titulares sen cónxuxe que viven nunha unidade económica unipersoal, así como os beneficiarios de pensións do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez e de pensións non contributivas de xubilación e invalidez maiores de 60 anos.
Familias numerosas
Os titulares de puntos de suministro que acrediten ser familias numerosas segundo o establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección de Familias Numerosas.
Desempregados
Os titulares de puntos de suministro que acrediten formar parte dunha unidade familiar que teña tódolos membros en idade de traballar en situación de desemprego. A estes efectos, consideraranse en situación de desemprego aqueles solicitantes e membros da unidade familiar que, sen ter a condición de pensionistas, non realicen ningunha actividade laboral por conta propia ou allea.
Incumprimento: O incumprimento dará lugar á refacturación do suministro dende a fecha na que se produza o incumprimento á tarifa de último recurso aplicando un recargo do 10% que terá lugar na factura inmediatamente posterior á detección do incumprimento.
Pasos a Seguir para a solicitude:
- Solicitude do titular á comercializadora do último recurso segundo modelo e remisión en:
- as oficinas da distribuidora
- nº de Fax ou dirección que comunique o comercializador de último recurso na súa web ou nas facturas.
- dirección postal
- Acreditación dos requisitos aportando a documentación que se define no modelo
- Declaración responsable do titular da veracidade da documentación presentada de acordo co modelo.
Como resultado do anterior, o bono social devengarase a partir do primeiro día do ciclo de facturación no que teña lugar a recepción completa da documentación.
Existe un artigo no periódico Cinco días, que explica de forma concisa as claves necesarias para comprender o Bono Social: http://www.cincodias.com/articulo/empresas/Claves-entender-nueva-tarifa-electrica-bono-social/20090622cdscdiemp_13/cdsemp/
Os documentos a presentar para cada grupo atópanse na propia lei ó final do documento.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| bono_social_enerxia_electrica.pdf | 341.06 KB |



