Nota: A Cámara de Comercio de Pontevedra vai impartir unha xornada sobre esta materia o 10 de Xuño, máis formación no apartado de Formación.
A Consellería de Presidencia, administracións públicas e xustiza, ven de publicar no D.O.G do 5 de Marzo de 2009, a nova lexislación en materia de Certificación enerxética en edificios de nova construción na Comunidade Autónoma de Galicia.
Finalidade
- Promover a eficiencia enerxética na edificación, ofrecendo a consumidores ou usuarios información obxectiva do comportamento enerxético dos edificios.
- Fomentar a mellora da calidade das edificacións, necesaria para adecuarse ás recentes esixencias enerxéticas na edificación, establecidas na normativa de ámbito estatal.
- Ofrecer información pública e transparente á cidadanía do comportamento enerxético dos edificios, a través do Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia
- Contribuír a mellora ambiental e da sustentabilidade mediante a concienciación e sensibilización das persoas en relación coa calidade enerxética dos edificios en que habitan e traballan.
- Promover a mellora da cualificación de eficiencia enerxética no ámbito da cualificación de eficiencia enerxética no ámbito da edificación pública.
- Favorecer os investimentos en medidas de aforro e eficiencia enerxética na edificación.
Ámbito de aplicación
- Ós edificios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cando se trate de:
a) Edificios de nova construción
b) Modificacións, reformas ou rehabilitacións de edificios existentes, reformas ou rehabilitacións de edificios existentes, cunha superficie útil superior a 1.000m onde se renove máis do 25% do total dos seus cerramentos.
- Exclúense do ámbito de aplicación:
a) Aquelas edificacións que polas súas características de utilización deban permanecer abertas.
b) Edificios e monumentos protexidos por seren parte dun contorno declarado ou en razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico, cando o cumprimento de tales exixencias puider alterar de xeito inaceptable o seu carácter ou aspecto.
c) Edificios utilizados como lugares de culto e para actividades relixiosas.
d) Construcións provisorias cun prazo previsto de utilización igual ou inferior a dous anos.
e) Edificios industriais e agrícolas, na parte destinada a talleres, procesos industriais e agrícolas non residenciais.
f) Edificios illados cunha superficie total inferior a 50m útiles.
g) Edificios de sinxeleza técnica e de escasa entidade construtiva que non teñan carácter residencial ou público, xa sexa de forma eventual ou permanente, se desenvolvan nunha só andar e non afecten a seguranza das persoas.
Obrigas dos suxeitos responsables:
O promotor terá a obriga de:
- Nos casos en que sexa obrigatorio, contratar, de forma previa ó inicio das obras, o servizo de control externo da certificación enerxética do proxecto e do edificio terminado a unha entidade de control de calidade na edificación, debidamente acreditada na área de eficiencia enerxética.
- Presentar por si mesmo ou a través dunha entidade de control de calidade da edificación acreditada na área de eficiencia enerxética a documentación requirida no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, que se crea por ese decreto.
- Incorporar o certificado de eficiencia enerxética do proxecto debidamente rexistrado ó proxecto de execución antes do inicios das obras.
- Facilitar a documentación necesaria para a verificación da conformidade do certificado á entidade de control de calidade da edificación acreditada na área de eficiencia enerxética (ECCE-EE) definida no artigo 9º deste decreto
- Incorporar o certificado de eficiencia enerxética do edificio terminado, debidamente rexistrado, no libro do edificio.
- Ofrecer información veraz sobre as características enerxéticas da edificación, cumprindo coas disposicións deste decreto relativas á publicidade na venda ou arrendamento de edificios.
- Incorporar no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética os datos de identificación catastral dos inmobles incluídos nos certificados de eficiencia enerxética rexistrados.
O proxectista do edificio ou proxecto parcial das súas instalacións térmicas terá a obriga de:
- Xustificar a cualificación de eficiencia enerxética do proxecto
- Subscribir o certificado de eficiencia enerxética do proxecto.
- Facilitar a documentación necesaria para a verificación da conformidade do certificado ó promotor.
A dirección facultativa terá a obriga de:
- Xustificar a cualificación de eficiencia enerxética do edificio terminado.
- Subscribir o certificado de eficiencia enerxética do edificio terminado.
- Facilitarlle ó promotor a documentación necesaria para a verificación da conformidade do certificado de eficiencia enerxética do edificio terminado.
- Colaborar coa ECCE-EE de forma que esta poida desenvolver as súas funcións.
- Incluír un anexo específico, no cal se faga mención expresa do cumprimento íntegro das disposicións do presente decreto, no certificado final da obra.
A ECCE acreditada na área de eficiencia enerxética (ECCE-EE) terá a obriga de:
- Verificar a conformidade de todas e cada unha das fases en que se divide o proceso de verificación.
- Colaborar cos diferentes axentes, ofrecendo información sobre o avance do proceso de verificación.
- Entregar ó promotor, proxectista e dirección facultativa os informes cos resultados dos controis, probas, se é o caso, e verificacións realizadas, de acordo cos prazos contractuais establecidos.
- Entregar ó promotor as actas de verificación dos certificados de proxecto e do edificio terminado, unha vez comprobada a conformidade da cualificación, de acordo cos prazos contractuais establecidos.
O propietario terá a obriga de:
- Renovar o certificado de eficiencia enerxética segundo as condicións que se establecen neste decreto
- Solicitarlle ó arrendatario que lle proporcione toda a documentación necesaria para a realización do certificado de eficiencia enerxética do local, no caso de locais que, segundo prevé este decreto, requiran un certificado de eficiencia enerxética propio.
Para máis información sobre esta normativa consulten o arquivo adxunto ó final da páxina tamén poden acercarse as nosas oficinas para máis információn.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| certificacion_enerxetica_de_edificios_de_nova_constucion.pdf | 89.5 KB |



