Conferencia, A Saída da Crise
27 Mai 2009 | C.E.P.
 

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) organiza un ciclo de conferencias, baixo o título "Claves para as Pemes ante a crise económica no espazo transfronterizo", entre os obxectivos prantexados está a análise e reflexión da actual situación de coxuntura económica, de xeito que as conclusións que se poidan obter, permitan, ás pequenas e medias empresas, planificar mellor as súas decisións empresariais.

A primeira conferencia, baixo o título "A Saída da Crise", será impartida por D. José Luís Feito Hiegueruela, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, técnico comercial, economista do estado e Ex-Embaixador de España ante a OCDE.

A conferencia terá lugar o próximo 2 de Xuño de 2009 ás 19.00 horas, na sede da CEP, sita na Avda. García Barbón 104, de Vigo.

Atoparedes o boletín de inscrición ó fondo deste artigo, coma sempre dende a A.E.A.S. poñémonos á vosa disposición para resolver calquera dúbida.

AdxuntoTamaño
inscricion_saida_da_crise.doc844.5 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola