Xornadas sobre Montes e Desenvolvemento Rural
25 Out 2008 | www.xornalgalicia.com

Xornadas sobre Montes e Desenvolvemento Rural que se clausuraron hoxe en Arcade

Apostar pola cooperación e a participación social para conseguir uns montes que compatibilicen a rendabilidade co disfrute dos mesmos foi unha das conclusións as que se chegou nas Xornadas sobre Montes e Desenvolvemento Rural que se clausuraron hoxe en Arcade, e que estiveron organizadas pola Asociación para o Desenvolvemento Rural de Vigo (ADR-MAIV).

O encontro, incluido no Programa Proder II, contou cunha importante participación de representantes de institucións públicas, comunidades de montes, asociacións veciñais e grupos ecoloxistas. Nas xornadas quedou patente que a hora de levar a cabo actuacións nos nosos montes é necesario levar a cabo estudios técnicos realmente independentes que garantan a compatibilidade entre o desenrolo de todo tipo de iniciativas (industrias, energéticas etc) e o mantemento dos recursos naturais.

A necesidade da cooperación entre diferentes comunidades, a veces con obxectivos ben diferentes, foi outra das conclusións as que se chegou nas Xornadas, nas que tamén se constatou a opinión de que os directivos teñan unha mellor formación, xa que elo depende que as decisións sexan máis axeitadas. A necesidade de sensibilizar a población en xeral, impulsando a súa participación directa e real no monte, así como a reactivación do traballo voluntario e unha maior implicación das novas xeneracións foi outro dos temas consensuados polos participantes na reunión. O tema do crecemento na implantación da enerxía eólica foi tamén desarrollado polos participantes nas Xornadas, moitos dos cales coincidiron en sinalar que a expansión desta opción está a ser esaxerada.

Nas conclusións quedou patente que hai un monte social e un monte económico que poden ser compatibles, o que quere decir que hai espacio para as empresas e as actividades empresariais, a clave está en decidir o espacio de cada un, e esa decisión non debe ser exclusiva das empresas.

Facer entre todos o que hai que facer. Non ir a salto de mata impulsados por prioridades políticas xerais, que veñen apoiadas po subvencións foi un dos puntos nos que coincidiron os asistentes, que tamén estiveron de acordo en que o traballo debe implicarnos a todos, como único xeito de ter forza suficiente para gañar a partida.

As Xornadas, que se levaron a cabo baixo o lema O monte funcional foron clausuradas polo director xeral da Asociación Galega de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias.

Na súa intervención resumiu a línea de actuación que se está a levar a cabo desde a Consellería de Media Rural co obxectivo de recuperar os montes galegos a distintos usos sostibles e rendibles que respondan ás necesidades actuais da sociedade.

Nese sentido adiantou que prevén que a finais deste mesmo ano poidanse firmar os convenios para desenvolver os programas de actuación acollidas as axudas correspondentes ao programa Lider, o que siñificará que os traballos escomenzarían a principios do próximo ano. López Iglesias destacou a boa acollida que tivo a concovatoria, e salientou que a maior parte das propostas presentadas corresponden a proxectos que implican a distintos colectivos que defenden actuacións que priman os interesess reais da zona rural galega, intereses entre os que suliñou os relacionados coa potenciación dos recursos agroalimentarios e forestais , así como os productivos.

No acto tamén estivo presente o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a alcaldesa de Tomiño e vicepresidenta da AGDR MAIV-BM e o presidente desta AGDR MAIV-BM, Xosé Alfredo Pereira, quen mostrou a súa satisfación pola acollida que tivo o encontro e pola sensibilidade demostrada polos participantes que plantexaron numerosas preguntas e aportacións a tódolos temas que se trataron durante os dous días.


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola