Curso do Novo Plan Xeral Contable. Federación Galega de Comercio
3 Mar 2009 | A.E.A.S

 Dende a A.E.A.S. poñemos en coñecemento dos traballadores, a existencia dun novo curso organizado polo Grupo Femxa, dentro da oferta formativa da Federación Galega de Comerio. Este curso non ten coste algún, nin para o traballador nin para a empresa, xa que está financiado por Fondos Públicos e Cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

O curso realizarase a través de Internet, polo que supón unha total flexibilidade de horarios. Para poder realizar o curso é necesario posuir uns coñecementos básicos sobre o manexo de equipos informáticos e Intenet.

As condicións para poder participar son, estar cotizando á Seguridade Social como traballador do sector do comercio, ben sexa como autónomo ou dentro do réxime xeral. Tamén deberán cumplir algún dos seguintes requerimentos:

  • Ser titulado Universitario
  • Demostrar experiencia na área económico-         financieira, presentando currículo.

 No archivo abaixo adxunto se atopan os requisitos e a documentación necesaria para a matriculación.

Data de matrícula: 
DATA MATRÍCULA INICIO CURSO
17 MARZO 09 24 MARZO 09
Poñémonos á vosa disposición para calquera aclaración ou axuda no trámite da matrícula.
AdxuntoTamaño
REQUISITOS_NPGC_2.pdf69.22 KB
Ficha_FGC__NPXC_2.pdf90.71 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola