Curso Gratuíto de Prevención de Riscos Laborais
4 Xuñ 2009 | C.E.P.

A Confederación de Empresarios de Pontevedra, vai impartir un curso gratuíto de Prevención de Riscos laborais, dunha duración de 50 horas, co que se obterá o Título Básico Oficial homologado pola Xunta de Galicia, cos contidos indicados no RD 39/1997 de Servizos de Prevención.

O Curso se impartirá en Cambados, na Rúa Alfonso Rodríguez Castelao, nº8, 1ª planta. Será de Luns a Xoves do 22/06/09 - 23/07/09 en horario de 19.30h a 22.00h.

O curso está destinado para delegados de prevención, membros dos comités de seguridade e saúde, empresarios, traballadores designados e en xeral empresarios e traballadores en activo da empresa privada. Non poderán participar traballadores da Administración pública.

O curso terá un mínimo de 15 alumnos e un máximo de 20. Non se poderá incorporar ningún novo alumno unha vez iniciado o curso. Para a acreditación da formación, os alumnos deben superar polo menos o 80% do total das horas do curso, así como acreditar os seus coñecementos a través de probas de avaliación: Asistencia e Exame Final.

No caso de estar interesado en asistir ó curso, poden enviar a ficha de inscrición que atoparán adxunta, a:

  • prevencio [arroba] cep [dot] es
  • Fax 986.434.822
  • Ou no teléfono 986.439.611

Ademais, do impreso de inscrición, deberán presentar tamén a seguinte documentación:

  • Fotocopia D.N.I.
  • Fotocopia tarxeta S.S.
  • Fotocopia cabeceira última nómina do participante ou informe de vida laboral. Para o caso de autónomos o correspondente recibo,

Coma sempre dende a A.E.A.S. poñémonos á vosa disposición para calquera aclaración ou axuda no trámite.

AdxuntoTamaño
IMPRESO_DE_PARTICIPACION_Curso_Cambados.doc1.8 MB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola