Curso de Reciclaxe de comerciais para Autónomos
21 Out 2009 | UPD - Coordina Local
Curso de Reciclaxe de Comerciais para Autónomos Organiza: Asociación de Empresarios do Deza Colabora: APE Galicia Dirixido a: Autónomos Datas: do 26 de outubro ó 02 de decembro Duración: 42 horas Horario: luns, martes e mércores, de 20.10 a 22.30 h Lugar: Asociación de Empresarios do Deza R/ Otero Pedrayo, 24 - baixo 36500 Lalín Obxectivos: Obxectivos xerais:
- Dotar ós participantes coñecementos necesarios sobre a mellora da competitividade en base a unha correcta relación cos clientes da empresa.
- Mellorar a empregabilidade dos participantes da acción en base aos coñecementos adquiridos.
- Aplicar e introducir novas técnicas no traballo de vendedor.
Obxectivos específicos:
- Adquirir unha serie de técnicas que aplicadas sistematicamente lle permitan efectuar unha acción de venda.
- Mellorar a imaxe da empresa e o servizo que prestan ós seus clientes.
- Adquirir unha serie de técnicas e habilidades que contribuirán a unha política de calidade total dentro da empresa.
- Analizar as motivacións de compra dos clientes desde o coñecemento e dominio dos conceptos básicos de motivación.
- Preparar e levar a cabo unha negociación comercial de forma eficaz baseada nos principios gañar-gañar, a partir da adquisición e aprendizaxe tanto dos métodos como das técnicas e habilidades necesarias.
|