Iniciar sesión
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Beneficiarios dos cursos:
Persoas maiores de dezaseis anos, ou a aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que necesiten certificar a súa competencia da lingua galega.
Solicitudes e Prazos:
As solicitudes, poderanse presentar na propia escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.
As listas de seleccionados, así como as datas de comezo destes, faranse públicas tanto nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas na que terá lugar o curso, como na súa páxina web.
Características dos cursos, contidos e avaliación:
Os cursos axustaranse aos contidos sinalados na Orde do 16 de Xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).
Duración: 60 horas lectivas, con presenza obrigada
A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa xestión e expedición compete á Secretaría Xeral de Política lingüística.
No Cadro seguinte atoparan os horarios para a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.
|
Nivel |
Quenda |
Horario |
Días |
|
|
Mañá |
Tarde |
|||
|
Celga 4 |
2º cuadrimestre 09/10 |
10:00-12:00 |
|
Martes e Xoves |
|
Celga 4 |
2º cuadrimestre 09/10 |
|
16:30-18:30 |
Martes e Xoves |
|
Celga 2 |
2º cuadrimestre 09/10 |
12:00-14:00 |
|
Luns e Mércores |
|
Celga 2 |
2º cuadrimestre 09/10 |
|
20:00-21:30 18:30-19:30 |
Martes e Xoves Venres |
|
Celga 4 |
1º cuadrimestre 10/11 |
Por determinar |
|
Por determinar |
|
Celga 4 |
1º cuadrimestre 10/11 |
|
Por determinar |
Por determinar |
Para consultar os horarios dos restantes centros oficiais de idiomas (Vigo, Ourense, Santiago, Lugo e Ferrol) consulte o documento adxunto á esta noticia.
No documento tamén atoparan o impreso necesario para a inscrición.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| cursos_preparatorios_CELGA.pdf | 138.37 KB |

