Formación en Xestión Financeira
18 Mai 2009 | Asociación de empresarios de Mos

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), infórmanos de que vai celebrar unha serie de seminarios gratuítos de marcado carácter financeiro, coa colaboración de IGAPE-BIC Galicia e o Concello de Mos. O obxectivo dos seminarios é dotar ós empresarios, profesionais independentes e asistentes de coñecementos sobre a xestión comercial e empresarial, mellorando as habilidades de forma efectiva dentro da empresa.

Os cursos terán lugar, nas instalacións da AEMOS, Estrada a Peinador, 41-Mos, en horario de 19.30-21.30 horas.

Acción FormativaPOLÍTICA DE XESTIÓN DE COBROS E PAGOS

Duración:            4 horas

Calendario:         2 e 4 de Xuño 2009

Obxectivo:  Aprender a xestionar de forma excelente o sistema de cobros e pagos na empresa. Dominar os conceptos básicos de equilibrio na tesourería.

Programa:            

 1. A función financeira e a xestión da tesourería na PEME. Conceptos básicos

 2. Os orzamentos de tesourería.

 3. Os medios de Cobro e Pago

 4. A mecanización da Tesourería              

Pre-Inscripcións:   http://www.aemos.es/curso.php?Id=40

 

Acción FormativaPRODUTOS FINANCEIROS E FINANCIACIÓN NA PEME

Duración:               8 horas

Calendario:         8, 9, 10 e 11 de Xuño 2009

Obxectivo:         Proporcionar habilidades para afrontar as diversas negociacións con entidades financeiras de forma construtiva e lograr un resultado satisfactorio. Expoñerase a análise de empresas desde o prisma das entidades financeiras e o proceso de toma de decisións nas mesmas.

Programa:             

1. Introdución: O negocio bancario. Estrutura das entidades financeiras. Circuítos de decisión. Identificación do interlocutor adecuado. A oficina bancaria.

2. ¿Cantos banco precisa unha empresa?. A elección do número de entidades financeiras diversificación. A elección da entidade financeira.

3. Produto se servizos financeiros para empresas.

4. Produtos de activo.

5. Financiamento do circulante (Créditos, préstamos, carteira).

6. Financiamento a longo (Préstamo, leasing, financiamento a promotores).

7. Comercio exterior. Financiamento comercio exterior.

8. Risco de firma. Avais.

9. Produtos de pasivo.

10. Servizos (Cobros e pagos nacionais, recadacións e banca electrónica).

11. A análise do risco nas entidades financeiras. Sistemas de análise de empresas empregados polas entidades financeiras. Bases de datos empregados polas entidades financeiras.

12. Información e documentación básica solicitada polas entidades financeiras.

13. Requisitos para o desenrolo das relaciones bancarias profesionais.

14. A negociación final.

15. Eu gaño ? ti gañas.

16. Os 10 mandamentos do negociador.              

     Pre-Inscripcións:   http://www.aemos.es/curso.php?Id=41

 

Para máis información, deberán poñerse en contacto co Departamento de Formación AEMOS Telf. 986.498.820 E-mail: formacion [arroba] aemos [dot] es

Dende a AEAS poñémonos coma sempre á vosa disposición para calquera aclaración ou axuda no trámite.


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola