Iniciar sesión
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria
para o ano 2010 dos incentivos á contratación indefinida das persoas
traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a
inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades
e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción
laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para
reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida
persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas:
I.
Programa de fomento da contratación indefinida inicial
II. Programa de
incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos
III.
Programa de incentivos á contratación temporal
Beneficiarios:
Poderán ser
beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde,as empresas, calquera que sexa
a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as
comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten
traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en
centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos
requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Prazo: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas, incluídas as solicitudes polas contratacións subvencionables que se realizaran entre o 16 de setembro de 2009 e a data da publicación desta orde, rematará o 30 de xuño de 2010.
Adxunto poden descargar a lexislación íntegra e máis un resumo elaborado pola Federación Galega de Comercio.Engadimos tamén a corrección de erros publicada con posterioridade.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| incentivos_contratacion.pdf | 416.77 KB |
| resumo_incentivos_a_contratacion.pdf | 92.85 KB |
| correccion_erros_incentivos_a_contratacion.pdf | 29.81 KB |

