Iniciar sesión
Dito Real Decreto establece que asumirán a obriga de subministro de último recurso de enerxía eléctrica, as seguintes empresas comercializadoras de enerxía:
-
Endesa Enerxía XXI, S.L.
-
Iberdrola Comercialización de Último Recurso, S.A.U.
-
Unión Fenosa Metra, S.L. (que se convertirá en Gas Natural S.U.R., SDG,S.A.)
-
Hidrocantábrico Energía Último Recurso, S.A.U.
-
E.ON Comercializadora de Último Recurso, S.L.
A entrada en vigor desta nova normativa, suporá que vostede debe elixir entre varias alternativas en función da potencia contratada:
1. Se ten contratada unha potencia de 10Kw ou menos pode vostede optar por:
-
Non facer nada, en cuxo caso o seu contrato actual pasará a depender dunha comercializadora do mesmo grupo que lle subministra nestes momentos e aplicaráselle a tarifa de último recurso (TUR).
-
Buscar unha comercializadora e unha tarifa no mercado libre
-
Manterse coa TUR, pero contratando unha comercializadora de último recurso dun grupo empresarial distinto ao que agora ten.
2. Se ten contratada unha potencia de máis de 10 Kw non poderá acollerse á tarifa de último recurso, polo que deberá buscar no mercado libre unha compañía comercializadora, de non facelo, o 1 de xullo será traspasado á comercializadora de último recurso que lle corresponda, como o resto de clientes. Sen embargo, o prezo que lle aplicarán a partir dese momento será máis elevado que o resto e irase incrementando a razón dun 5% trimestral. Neste caso, se transcorridos 6 meses sen que o consumidor contrate unha subministradora no mercado libre, considerarase rescindido o contrato
Non obstante, dende a OCU e dende a propia Federación Galega de Comercio recoméndase que os consumidores non acepten ningunha oferta e esperen ata o 1 de xullo, xa que nestes momentos, supón un risco pasar ao mercado libre, debido a que non se coñecen cales serán as condicións da nova Tarifa de Último Recurso, nin as ofertas que as empresas comercializadoras de electricidade farán a partir dese momento. A OCU insiste en que se agora acepta unha oferta pasará ao mercado libre, atado cun contrato de duración mínima de 12 meses, impedíndolle desta forma optar a novas ofertas.
Ó final deste artigo atopará o texto íntegro.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| tarifa_de_ultimo_recurso.pdf | 557.05 KB |

