Periodo de Rebaixas de Inverno
7 Xan 2010 | A.E.A.S.

Chegan as Rebaixas de Inverno. Recordar que cada comerciante poderá fixar libremente as datas que considere máis oportunas para desenvolver dito tipo de vendas, debendo ser durante un período continuo de como mínimo unha semana e como máximo dous meses. Sendo as datas posibles dende o 7 de Xaneiro ó 7 de Abril do 2010.

Recomendacións:

- Os comerciantes que participen nas rebaixas están obrigados a por no escaparate un letreiro que indique o día de comezo e o de remate das rebaixas.

- Todos os comercios que participen en rebaixas teñen a obriga de lle ofrecer ó público artigos de actualidade e que estivesen á venda no comercio que realice as rebaixas. Non se poderán ofrecer en rebaixas artigos que estivesen de oferta ou estean defectuosos, e menos aínda comprarse artigos de inferior calidade para ofrecer en rebaixas.

- Os artigos que os comercios expoñan, tanto dentro da tenda coma no escaparate, teñen que estar marcados tachando o prezo antigo e poñendo o prezo de rebaixas. Se son lotes ou están no escaparate deberán ter unha etiqueta que o consumidor poida distinguir ben co prezo antigo riscado e o actual rebaixado en euros.

- Todos os comercios teñen a obriga de aceptar a tarxeta de crédito de pagamento de querer o/a cliente/a aboar con ela, agás se no establecemento hai un letreiro no que se advirta da non admisión de tarxetas de crédito.

- Todos os comerciantes teñen a obriga, se o solicita o/a cliente/a, de entregar unha factura co importe da mercadoría que adquira e máis o IVE correspondente.

- A admisión de devolución de artigos con carácter xeral é decisión unilateral do comerciante. No caso de non admitir devolución de artigos é recomendable publicalo mediante o cartel xenérico: " non se admiten devolucións".

- Recordar que a venda en rebaixas fora do período indicado e sen ter en conta as recomendacións sinaladas pode dar lugar á apertura de expedientes sancionadores por parte da Consellería de Economía e Industria.

Para calquera aclaración non dubiden en poñerse en contacto connosco.

Tamén poden consultar unha recopilación de lexislación en materia de comercio no seguinte enlace:

 http://www.camaravigo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=2149&Itemid=130&lang=gl


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola