Plan A Túa Medida, Asesoramento Personalizado en Visual Merchandising
1 Xuñ 2010 | Deputación de Pontevedra - Desenvolvemento Local. Comercio

 

A Deputación de Pontevedra, seguindo coa súa premisa de traballar pola profesionalización dos profesionais que traballan á fronte dos pequenos comercios da provincia desenvolveu en 2009 a través da súa Área de Comercio o Plan "A túa Medida", actividade de asesoramento individualizado en Visual Merchandising enmarcada dentro da liña estratéxica "Formación e cualificación do sector comercial" do Plan Director de Comercio 2009 - 2012. Tendo en conta o éxito e a boa acollida que tivo no sector, a Deputación de Pontevedra quere seguir traballando nesta liña durante o ano 2010 e reforzala para que poidan tomar parte nela un maior número de comerciantes como resposta á nova demanda.

OBXECTO: A selección de pequenos/as comerciantes da provincia de Pontevedra para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios.

O asesoramento pretende dotar aos responsables de 35 comercios da provincia de Pontevedra dos coñecementos e habilidades precisos para presentar os seus produtos de xeito que resulten o máis atractivos posibles aos seus clientes, que aprendan a proxectar un "punto de venda" que se diferencie pola súa imaxe coa intención de conseguir que os pequenos comercios da provincia de Pontevedra sexan recoñecidos por proxectar unha imaxe e uns valores desexables como distintivo.

Para o desenvolvemento desta actividade a Deputación de Pontevedra contratará unha empresa que se encargará de impartir o asesoramento aos comerciantes polo que se considera que a Deputación de Pontevedra está concedendo unha subvención en especie aos 35 comerciantes seleccionados.

DESTINATARIOS: Poderanse acoller a este programa os empresarios/as autónomos/as e sociedades mercantís dedicadas ao pequeno comercio que desenvolvan a súa actividade comercial na provincia de Pontevedra e que atendan ás seguintes características:

  • Estar incluídas nos epígrafes 64, 65 y 66 do Imposto sobre Actividades Económicas ou na rama 52 da CNAE
  • Contar cunha antigüidade mínima de 6 ou máis anos.
  • Con 3 ou menos empregados por conta allea e/ou titular.

Poderán resultar beneficiarios da prestación deste servizo un máximo de 35 comercios da e se dará prioridade a aqueles que estean asociados a algunha das agrupacións de comerciantes da provincia de Pontevedra.

CARACTERÍSTICAS DO ASESORAMENTO : O asesoramento será personalizado e estará dividido en tres fases:

  1. Un especialista en Visual Merchandising consultor se desprazará aos comercios para coñecer de primeira man as inquedanzas e necesidades dos comerciantes. Entrevistarase co/coa xerente e empregados/as do establecemento. Fará unha reportaxe fotográfica e cubrirá un checklist para valorar a imaxe comercial do establecemento. Elaborarase unha proposta creativa para aquela zona/área do comercio na que a súa mellora sexa máis eficaz para a venta. Esta proposta será enviada por correo postal a cada comercio participantes para que poidan revisala antes da segunda visita do equipo de traballo.
  2. Na segunda visita o equipo de traballo explicará detalladamente aos/as comerciantes como implantar as propostas de mellora e os/as formarán para poder materializalas. Tratarase dunha sesión práctica na que os comerciantes aprenderán a presentar os produtos e a mellorar a imaxe dos comercios.
  3. Polo menos tres meses despois do asesoramento levarase a cabo a visita de verificación. Nela realizarase unha nova reportaxe fotográfica na que se reflectirán as modificacións e melloras levadas a cabo en cada negocio.

As pautas e recomendacións de actuación propostas verificaranse por medio dun checklist adaptado ao caso concreto. O/s técnico/os responsable/s de levar a cabo o asesoramento poderán, en calquera momento, solicitar calquera tipo de información necesaria para o correcto desenvolvemento do programa, así como facer un seguimento da evolución das medidas a aplicar aos comercios beneficiarios do programa.

DURACIÓN: Esta actividade desenvolverase dentro do ano en curso, sendo a data límite de remate da mesma o 31 de decembro de 2010.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00, no Rexistro da Sede de Vigo de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e remata o día 30 de xuño de 2010.

O dito prazo poderá ampliarse 5 días máis, no caso de que no prazo estipulado non se cubrisen as 35 prazas.

As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada comercio, segundo o modelo oficial do Anexo 1.(descargable a través do enlace seguinte)

Cada comercio só poderá presentar unha única solicitude para esta convocatoria. A inscrición nesta convocatoria implica a completa aceptación das súas bases.

DOCUMENTACIÓN
Aos efectos establecidos no apartado 7, os beneficiarios deberán presentar xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

  • Fotocopia cotexada do CIF/ NIF do comercio
  • Fotocopia cotexada das nóminas dos empregados do último mes en curso. (de ser o caso)
  • Documento que acredite estar asociado a algunha asociación/federación de comerciantes.
Ó remate desde artigo atoparan o folleto publicitario, o formulario de inscrición e a lexislación íntegra, como sempre a A.E.A.S. ponse á súa disposición para claquera aclaración ou axuda no trámite.

AdxuntoTamaño
solicitude.pdf131.38 KB
diptico.pdf222.74 KB
__www.bop_.depontevedra.es_bop.PONTEVEDRA_2010_bop.PONTEVEDRA.20100524.096.pdf30.86 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola