Iniciar sesión
A Cámara de Comercio de Pontevedra, en colaboración coa Fundación INCYDE e a Dirección Xeral de Promoción de Emprego da Xunta de Galicia, organiza dous "Programas de Creación e consolidación de Empresas" dirixido a emprendedores/as e/ou empresarios/as que conten cunha idea de negocio e desexen estudar a súa viabilidade ou consolidar e ampliar a idea xa existente.
O obxetivo do Programa é o asesoramento práctico e individualizado dos participantes, mediante a consultoría persoal de proxectos intercalada cunha seria de sesións conxuntas sobre as seguintes áreas temáticas:
- Introdución e metodoloxía do Proxecto
- Márketing
- Finanzas
- Internet
- Calidade
- Prevención de Riscos Laborais
- Igualdade de Oportunidades
O programa conta con 9 semanas de duración é de carácter gratuíto e permitirá ós participantes analizar a situación da empresa o proxecto para poder actuar en consecuencia baseándose nos obxectivos propostos nun Plan Estratéxico, do cal dispoñerá cada alumno á finalización do curso.
As persoas interesadas deberán reservar praza antes do día 6 de xullo para acceder á preselección de participantes que realizará o Director do Proxecto. As inscricións poderán efectuarse facilitando os datos de contacto en:
- Viveiro de Empresas de la Cámara de Comercio Tlf.:986 10 95 89
C/García Camba, 8, 1º izq, Pontevedra viverodeempresas [arroba] camarapontevedra [dot] com
- Cámara de Comercio de Pontevedra Tlf.: 986 86 86 03 Jardines de Vincenti, 4-2º Pontevedra ccinpontevedra [arroba] camaras [dot] org

