Iniciar sesión
A Consellería de Economía e Industria ven de publicar no D.O.G. do 24 de xuño de 2009, as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria. (Procedemento Administrativo IN530B)
- Beneficiarios
As empresas privadas validamente constituídas no momento da presentación de solicitudes, xa sexan persoas físicas ou xurídicas con domicilio social ou algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade principal, nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE (imposto sobre actividades económicas) que se relacionan no anexo II, nos termos nel establecidos. Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión, así como os demais que se prevexan nesta orde e na normativa aplicable.
Non serán beneficiarias as seguintes empresas:
a) Aquelas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura segundo se recolle no Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.
b) Aquelas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado nos casos establecidos na epígrafe c) do artigo 1.1º do Regulamento (CE) nº1998/2006, de minimis.
d) Aquelas cuxas actividades están relacionadas coa exportación a terceiros países ou estados membros, é dicir, ás axudas vinculadas directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade exportadora.
e) Aquelas que condicionen á utilización de bens nacionais con preferencia sobre os bens importados.
f) As empresas activas no sector do carbón, segundo se define no Regulamento (CE) nº 1407/2002.
g) Aquelas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e soliciten a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías.
h) Aquelas que están en crise.
Así mesmo non se consideran beneficiarios os/as artesáns titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, xa que existen outras convocatorias específicas da Consellería de Economía e Industria para atender este colectivo. Esta exclusión non afecta as entidades artesanais que operan no ámbito da alimentación.
Contía da Axuda:
A intensidade da axuda poderá acadar ata o 45% do investimento subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas, ata o 35% no caso de medianas empresas e ata o 30% no caso de empresas que superen os límites de PEME pero, en ningún caso, baixo esta convocatoria poderá concederse unha subvención por máis de 50.000 euros por beneficiario.
- Actuacións e Gastos subvencionables:
Considérase actuación subvencionable a consistente na dotación de equipamento industrial necesario para o desenvolvemento da actividade económica principal, que poderá ser, tanto para a adquisición de novo equipamento industrial coma para a renovación do existente, sempre e cando, o devandito equipamento sexa de primeiro uso. Só será subvencionable un proxecto de investimento por cada solicitante.
Considéranse Gastos subvencionables.
Os investimentos en activos materiais, entendendo por estes os investimentos en equipamento industrial novo que, directamente estean vinculados coa actividade principal da empresa. Por equipamento industrial novo deberá entenderse aquel que se adquira a un terceiro e supoña unha primeira transmisión do activo. Os ditos investimentos só terán carácter elixible cando o seu importe acade como mínimo os 12.000 euros. No suposto de acumulación de adquisición de equipamento industrial, en ningún caso se admitirán os investimentos en elementos individuais que teñan un custo inferior a 2.000 euros.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2009 e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 destas bases reguladoras. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.
Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación desta orde e, polo tanto, non son subvencionables, os seguintes gastos:
a) Os realizados nos centros de traballo situados fóra do territorio galego.
b) Terreos, bens inmobles e obra civil, en xeral.
c) Mobiliario, material e equipos de oficina.
d) Instalacións fixas de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e de produción de auga quente sanitaria, destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene das persoas, reguladas no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas (RITE) nos edificios.
e) Instalacións telefónicas, fax ou de calquera tipo de telecomunicacións. Equipos para procesos de información e aplicacións informáticas non embebidas no equipamento industrial subvencionable ou que non estean incondicionalmente vinculados co seu funcionamento.
f) Instalacións eléctricas en xeral.
g) Transporte exterior que non sexa de exclusiva aplicación á actividade principal subvencionable e con ausencia de elementos e características especiais para a realización de operacións específicas inherentes ao seu desenvolvemento.
h) Os gastos inmateriais derivados da adquisición do equipamento industrial (formación, viaxes, aloxamentos, seguros, transporte, impostos, etc) agás a man de obra necesaria do provedor elixido para operacións de instalación, montaxe e posta en marcha, cun límite do 10% do importe do equipamento subvencionable.
i) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo (aínda que esta comercialización se realice no propio establecemento no que se desenvolva a actividade produtiva subvencionable).
j) Gastos financeiros derivados de posibles pagamentos aprazados do equipamento industrial, agás os gastos de formalización.
k) O imposto sobre valor engadido (IVE).
l) Calquera gasto que aínda que pola súa natureza poida considerarse subvencionable figuren incluídos e sen cuantificar gastos non subvencionables.
m) Aqueles gastos que sexan subvencionables ao abeiro da orde de axudas que convoque a Consellería de Economía e Industria nesta anualidade en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Solicitudes: Deberá presentar unha solicitude axustada ós modelos normalizados que se inclúen como anexo III e anexo IV desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5º das bases reguladoras.
Os formularios de solicitude deberanse obter, cubrir, validar e imprimir necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática <Axudas virtual> establecida na <Oficina virtual> desta consellería, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/ ou ven a través do enderezo http://www. Xunta.es/presentacion-electronica, os anexos publícanse exclusivamente para efectos informativos, sendo necesario empregar a aplicación informática indicada para a obtención dos formularios de solicitude. A presentación de solicitudes que non acheguen os formularios segundo o aquí indicado será motivo de inadmisión a trámite da solicitude.
Prazo: Comeza o 25 de xuño ata o 24 de xullo, ambos inclusive
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Subvencions_para_adquisicion_de_equipamento_industrial.pdf | 310.13 KB |
| correcion_erros_adq._equipos_ind..pdf | 34.83 KB |

