Subvención para desempregados
14 Set 2009 | DOGA
 

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR:

Subvencións en réxime de concesión directa dirixidas aos traballadores e ás traballadoras en situación de desemprego para facilitar a súa mobilidade xeográfica e a súa participación en accións de orientación con cargo ao Plan extraordinario de orientación, formación profesional e inserción laboral.

Liña 1 -Subvencións durante o proceso de procura de emprego:

Finalidade:

A finalidade destas subvencións é reforzar e facilitar a dedicación dos traballadores/as desempregados/as durante o proceso de desenvolvemento do seu itinerario personalizado de inserción e de procura de emprego, compensando os gastos que se puidesen xerar neste proceso.

Beneficiarios:

- Que sexan desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

- Que teñan experiencia laboral e graves problemas de empregabilidade.

- Que participen en accións de orientación.

- Que no seu itinerario personalizado de inserción se determine a necesidade de participar en grupos específicos de procura de emprego que impliquen a súa dispoñibilidade e especial dedicación para a súa presentación a ofertas de emprego e participación nas demais actuacións dirixidas a lograr a súa inserción no mercado de traballo.

- Que non sexan beneficiarios/as de ningún tipo de prestación ou subsidio por desemprego, renda agraria ou renda activa de inserción.

- Que carezan de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) mensual vixente en cada momento.

 

Liña 2- Subvención para facilitar a mobilidade xeográfica:

Finalidade:

Facilitar a contratación estable dos/das traballadores/as desempregados/as rexistrados/as no Servizo Público de Emprego de Galicia suxeitos a un itinerario personalizado de inserción, cando esta contratación implique desprazamentos e traslado de residencia dentro do territorio español.

Beneficiarios:

Os/as traballadores/as desempregados/as cuxa contratación implique mobilidade xeográfica. 

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 10 de decembro de 2009

 

 


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola