Subvencións en apoio ó emprendemento feminino
17 Ago 2009 | Servizo Galego de Promoción de Igualdade do home e da muller
 

O Servizo Galego de Promoción da igualdade do home e da muller, ven de establecer, no D.O.G. do 14 de Agosto, as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio que rexerán as subvencións para o apoioo ó emprendemento feminino (programa Emega)

Obxecto: Fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2009, das axudas e subvencións establecidas polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, polo procedemento de concorrencia competitiva amparadas no réxime de minimis para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación: 

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres

Beneficiarias:

NA ÁREA DE ACTUACION I, as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:

1.    Que creen o seu propio posto de traballo partindo dunha situación de desemprego ou inactividade establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersoais.

2.    Que constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que:

a.    Se creen na empresa os postos de traballo de todas as socias ou emprendedoras.

b.    Polo menos o 50% das mulleres que constitúen a empresa estiveran en situación de desemprego ou inactividade inmediatamente anterior ao inicio da actividade.

c.    A administración sexa exercida unicamente por mulleres.

d.    O capital social pertenza unicamente a mulleres cando se trata de microempresas, ou que maioritariamente estea subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.

3.    Que o inicio da actividade empresarial teña lugar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes.

4.    Que realicen un investimento mínimo de 3.000 euros, segundo a letra A) do anexo III, deducido o importe correspondente á provisión de fondos ou ben que creen un posto de traballo de carácter indefinido para unha muller.

5.    Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas

NA ÁREA DE ACTUACION II, as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

1.    Que acrediten o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa

2.    Que acrediten actividade empresarial, no mesmo sector para o que se proxecta a mellora, ininterrompida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3.    Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para creación de empresas

4.    Que realicen un investimento mínimo de 3.000 euros segundo a letra A) do anexo III deducido o importe correspondente á provisión de fondos

5.    Que presenten un proxecto de mellora empresarial que supoña a integración na empresa polo menos dunha muller con capacitación profesional media ou superior e que a contratación se vincule ás accións do proxecto de mellora.

6.    Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:

a.    Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes

b.    Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución

c.    Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade

d.    Proxecto de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade

7.    Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de setembro de 2009

Atoparán a Resolución íntegra neste documento.

 

 

AdxuntoTamaño
axudas_emprendemento_feminino.pdf226.36 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola