Iniciar sesión
A Consellería de Cultura e Turismo ven de publicar no D.O.G do 14 de Agosto, as bases reguladoras para a concesión das subvencións a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos.
Obxecto: Aprobar as bases, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación e mellora de establecementos turísticos baseados en proxectos singulares, a mellora de establecementos hoteleiros en xeral e a mellora de establecementos de hostalaría e restauración así como a oferta complementaria.
Beneficiarios: As empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.
Será requisito imprescindible para a concesión das subvencións relativas á mellora de establecementos turísticos, que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a que se solicita a axuda.
Actuacións subvencionables:
A creación de establecementos turísticos, sendo subvencionable a rehabilitación e restauración de:
Establecementos para aloxamento
-Sitos en núcleos históricos dentro dunha zona ARI (área de rehabilitación integral)ou ARCH
-Edificacións de valor patrimonial, principalmente etnográfico
Establecementos balnearios e de talasoterapia con ou sen oferta hoteleira.
A creación de establecementos hoteleiros de construción ex novo.
A mellora de establecementos turísticos de aloxamento que teña por obxecto as actuacións seguintes:
-Investimentos que permitan a conversión de establecementos de categoría inferior en establecementos de categoría superior.
- Investimentos destinados á modernización e mellora das instalacións existentes que supoñan incremento do valor engadido da oferta de servizos dos establecementos.
- Investimentos para mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Investimentos dirixidos a implementación de enerxías renovables nos establecementos.
- Investimentos encamiñados á implantación de sistemas de calidade específicos (ISO, Q) así como os necesarios para os procesos de renovación das correspondentes certificacións.
A creación e/ou mellora de restaurantes, sempre que nestes investimentos se aposte pola gastronomía galega e o uso de produtos autóctonos no que á creación se refire.
A mellora subvencionable non poderá supoñer un incremento superior ó 10% das prazas autorizadas pola Administración turística.
Obrigas dos beneficiarios:
- Iniciar a actividade nun prazo máximo de seis meses contados a partir da data límite da xustificación final do investimento fixada.
- Manter a súa actividade en Galicia durante un período mínimo de quince anos, contados desde a data de concesión.
- Crear os postos de traballo a que se compromete na declaración xurada reflectida no anexo III da orde.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de setembro de 2009
Poden descargar a Orde íntegra no arquivo descargable ó final da páxina.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| subv_establecementos_turisticos.pdf | 178.87 KB |

