Subvencións a empresas turísticas para o fomento do turismo no rural
19 Ago 2009 | Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo
 

A Consellería de Cultura e Turismo ven de publicar no D.O.G do 17 de Agosto as bases reguladoras das subvencións a empresas turísticas para o fomento do turismo no medio rural.

Obxecto: Apoiar accións encamiñadas ao fomento do turismo no medio rural mediante o financiamento parcial dos investimentos necesarios para a realización de actividades turísticas no medio rural así como da adquisición dos elementos necesarios para o seu desenvolvemento.

Considerarase investimento subvencionable as actuacións dos proxectos seguintes:

a)    Investimentos para a implantación de novas tecnoloxías no proceso ou no produto dirixidas á promoción e comercialización do turismo no medio rural.

b)    Investimentos para a implantación de enerxías renovables e para mellora da sustentabilidade dos establecementos turísticos (aforro enerxético e de auga, enerxías non contaminantes, redución da contaminación acústica ou lumínica, etc.).

c)    Investimentos para a mellora da seguridade contra incendios, da seguridade para as persoas e da hixiene alimentaria nos establecementos turísticos.

d)    Investimentos para a implantación e renovación de sistemas de calidade nos establecementos turísticos (normas ICTE, ISO).

e)    Investimentos para a creación, mellora ou ampliación de centros de convencións, congresos e salas de reunións.

f)    Investimentos para a creación ou mellora de campos de golf, para actividades hípicas, náuticas e aquelas outras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural.

g)    Investimentos para a creación ou mellora das instalacións destinadas ao coidado da saúde nos establecementos con oferta de aloxamento.

h)    Investimentos para a creación ou mellora de xardíns, instalacións recreativas e da oferta complementaria nos establecementos con oferta de aloxamento.

i)     Investimentos para a creación ou mellora de zonas de aparcamento dos establecementos con oferta de aloxamento.

j)     Calquera outro proxecto de creación e mellora innovador e singular de especial interese turístico no medio rural.

Beneficiarios: Empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens. Será requisito imprescindible para a concesión destas subvencións que a empresa solicitante estea inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia na actividade turística para a que se solicita a axuda. 

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 17/09/2009

 

AdxuntoTamaño
subv_emp_turisticas_rural.pdf188.62 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola