Xornada, Certificación enerxética para edificios de nova construción
25 Mai 2009 | Cámara de Comercio de Pontevedra
A Cámara de Comercio de Pontevedra organiza o vindeiro 10 de Xuño as 19 horas, no seu salón de actos sito na rúa Jardines de Vincenti nº4, 2º , Pontevedra, unha xornada gratuíta sobre "Certificación enerxética en edificios de nova construción", como consecuencia da entrada en vigor do novo decreto autonómico 42/2009, (que poderedes atopar no apartado de axudas e subvencións).

A finalidade deste decreto é:

  1. Promover a eficiencia enerxética na edificación, favorecendo unha maior transparencia no mercado inmobiliario.
  2. Fomentar a mellora da calidade das edificacións.
  3. Ofrecer información pública e transparente á cidadanía do comportamento enerxético dos edificios, a través do Rexistro de Certificados de eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. Contribuír á mellora medioambiental e de sostenibilidade mediante a concienciación e sensibilización.
  5. Promover a mellora da calificación de eficiencia enerxética no ámbito da edificación pública.
  6. Favorecer as inversións en medidas de aforro e eficiencia enerxética na edificación.

A xornada pretende ofrecer información tanto desde o punto de vista xurídico como práctico das certificacións, necesarias para o cumprimento da normativa legal autonómica que aportará valor engadido á empresa.

Para confirmar a asistencia ou obter máis información visiten o sitio Web da cámara: http://www.camarapontevedra.com/joomla/index.php?option=com_facileforms&Itemid=75, ou no teléfono 986 109589

Coma sempre desde a A.E.A.S. poñémonos á disposición de tódolos asociados para facilitar o trámite de inscrición ou resolver calquera dúbida.


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola