Iniciar sesión
Deste xeito, problemas de liquidez, de ampliación de capital ou refinanciación do pasivo, entre outros, contan con medidas específicas de axuda que serán abordadas nesta charla.
Na xornada profundizarase en solucións postas en marcha polo Instituto Oficial de Crédito (ICO), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Sociedade de Garantía Recíproca SOGARPO para que as pequenas e medianas empresas poidan facer fronte á crise.
Con esta iniciativa a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a través do SIEC, prosegue na súa misión de difundir ó tecido empresarial da provincia de Pontevedra as medidas paliativas ás que pode recorrer para superar os retos presentes e futuros.
Esta xornada terá lugar o día 30 de Marzo ás 16:45h no Auditorio Antonio Ramilo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, na Avenida García Barbón 104, Vigo.
Programa e Folla de Inscripción na páxina Web da C.E.P. www.cep.es

