Iniciar sesión
Xornadas de Prevención de Riscos Laborais
3 Xuñ 2009 | C.E.P.
A miúdo xorden dúbidas nas PEME relativas a cales son as obrigas de empresarios e traballadores en materia de Prevención de Riscos Laborais, ou cal é o alcance das mesmas. Para resolver estas dúbidas, a CEP organiza unha xornada gratuíta en Cambados (18/06/2009), A Guarda (25/06/2009) e Caldas de Reis (30/06/2009), na que se tratarán principalmente os seguintes puntos:
- Funcións e obrigas preventivas
- Que é un Plan de Prevención, cales son os seus obxectivos e medidas de implantación
- Como se pode organizar a PEME en materia preventiva.
- Xestión da prevención e documentación obrigatoria
Para explicarnos estes conceptos e obrigas empresariais contaremos con técnicos de gran experiencia na materia ós que se lles prodrán comentar posteriormente as dúbidas que teñan respecto á prevención de riscos laborais.
Entregaráselle ós asistente documentación explicativa e manual sobre prevención de riscos laborais para PEMES e Autónomos.
Ademais, se lle entregará certificado de asistencia a todo aquel que nolo solicite.
Para asistir á xornada poden enviar a ficha de inscrición que atoparán no arquivo adxunto, cuberta a:
- prevencion [arroba] cep [dot] es
- Fax 986.434.822
- Teléfono 986.439.611
Facendo mención do lugar escollido.
Como sempre dende a A.E.A.S. poñémonos á disposición de tódolos asociados para resolver calquera dúbida ou colaborar no trámite
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| hoja_de_inscripcion_General.doc | 393 KB |
| DIPTICO_prevencion_en_PYMES.pdf | 885.52 KB |

