III Semana Gastronómica e III Ruta do Pincho
O vindeiro Luns día 22 de Xuño dará comezo a III Semana Gastronómica e III Ruta do Pincho organizada pola AEAS, e coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Rías Baixas.
A primeira edición da Semana Gastronómica foi no ano 2007, a pesar de tratarse dunha celebración de nacemento recente, estase a converter nun referente gastronómico da zona. A data elixida para a súa celebración anual é a última semana de Xuño, lévase a cabo nos restaurantes asociados a A.E.A.S. interesados en participar.Nesta semana, do 22 ó 28 de xuño, poderase degustar nestes restaurantes un menú consistente nunha mariscada a un prezo especial de 80€, para dúas persoas, o menú inclúe:
- 12 Ostras - 1 Centolo - 6 Cigala - 1 Lagosta - Percebes - 4 Vieiras - Navallas - 2 Postres - Unha botella de María Vinyals (Albariño de Soutomaior)
Os restaurantes que participan este ano son:
- Restaurante Veiramar
- Restaurante Ría de Arcade
- Restaurante O Recreo de Arcade
- Restaurante Arcadia
- Restaurante O Rincón de Arcade
- Marisquería Arcade
- Restaurante-Tapería Bonsai
- Hotel-Restaurante Isape
- Restaurante Avenida
- Restaurante Altamar
Ó final deste artigo atoparán un práctico rueiro que lles axudará a localizar tódolos restaurantes e locais participantes, ademáis dos teléfonos de contacto
Cada comensal participante nesta Semana entra nun sorteo dos seguintes premios:
- Unha fin de semana especial en Madrid (para dúas persoas) - Un reloxo Viceroy - 4 Mariscadas (para dúas persoas cada unha) - 1 Cheque regalo de 50€
Paralelamente á Semana Gastronómica levaremos a cabo a 3ª Ruta do Pincho, na que colaboran as cafeterías asociadas, por cada consumición, e durante esa semana, cada cliente recibirá un pincho especial que poderá valorar para así entrar nun sorteo de:
- Fin de semana para dúas persoas nunha casa rural - 1 reloxo viceroy -2 Mariscadas - 1 cheque regalo 50€
As cafeterías participantes son:
- O Teu Café
- Cervecería de Rosa
- A Cantina
- Los Porches
- La Tapita
- A Cháchara
- Lar de Félix
- Enredos
- Restaurante Besadío
Ambos sorteos se levarán a cabo o 6 de xullo.
Podedes atopar información tamén na páxina web de festas gastronómicas, Festas Galicia, a través do seguinte enlace:
http://www.festasgalicia.com/gal/index02.asp?idfiesta=367Repercusión nos medios audiovisuais:
Televisión: http://www.agalega.info/videos/?emi=7732&corte=2009-06-22&hora=12:42:11&canle=tvg1
http://www.agalega.info/videos/?emi=7732&corte=2009-06-22&hora=13:32:38&canle=tvg1
Radio: http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_rtg/23-xuno-2009_18.05.asx
Repercusión na prensa escrita:
http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/33788.html
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/06/19/0003_7794894.htm
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| rueiro_arcade-soutomaior.pdf | 2.32 MB |



