Campaña De Promoción Do Comercio: Rasca e Gaña 2011
7 Xan 2012 | AEAS

A AEAS invita a todos os seus asociados a participar na campaña de  promoción do comercio Rasca e Gaña. Esta campaña, que conta co apoio da Federación de Comercio de Pontevedra, levarase a cabo en decembro e xaneiro de 2011 en Arcade-Soutomaior.

Para participar, cada asociado deberá repartir entre os seus clientes as tarxetas rascas facilitados pola AEAS. Estas tarxetas deberán estar selados pola entidade asociada. Ó rascaren as tarxetas os participantes poderán atopar catro lendas distintas: Segue rascando, Cheque regalo de 50 €, 1 botella de viño ou Regalo sorpresa. Os regalos sorpresa foron doados por empresas colaboradoras asociadas á AEAS.

Se vostede é unha empresa asociada, solicite máis información para participar na campaña na oficina de AEAS.

 


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola