Cinco marcas máis elevan ata 53 a lista de marcas con "calzado tóxico"
30 Mar 2009 | FACUA - Consumidores en Acción

  Cinco novas marcas con modelos contaminados.

As novas marcas con modelos incluídos nos últimos días na rede de alertas on H. Valentina, Jiaozu, Just Woman (JW), Some Time e Tina. Tres delas notificadas pola Xunta de Galicia.

Estes son, ata a fecha (ademais da lista anteriormente publicada), os modelos incluídos na zona pública da rede de alerta de produtos non alimentarios inseguros:

- Botas de señora da marca Amelia Zaragoza, modelo 820655, incluído o 11 de marzo e notificado pola Generalitat valenciana.

- Zapatillas de deporte da marca Some Time, modelo DC 1028-3, incluído o 5 de marzo e notificado pola Junta de Andalucía.

- Botas de señora da marca SPWSH, modelo 750IP162, incluído o 5 de marzo e notificado pola Junta de Andalucía.

- Botas de señora da marca Love Red, modelo 92300354 / 0100, incluído o 4 de marzo e notificado pola Junta de Andalucía.

- Zapatos de la marca H. Valentina, modelo A6313, incluído o 4 de marzo e notificado pola Junta de Andalucía.

- Zapatos con tira e cordóns da marca Mimao, modelo F74055, incluído o 3 de marzo e notificado pola Xunta de Galicia.

- Zapatos de nena da marca Pasite, modelo 773, código JTG0439 23BL, incluído o 3 de marzo e notificado pola Xunta de Galicia.

- Botas de señora da marca Latinas by Tooc, modelo 721437, incluído o 3 de marzo e notificado pola Xunta de Galicia.

- Zapatos de señora, marca Tina, modelo JW8229 Brown, incluído o 3 de marzo e notificado polo Goberno vasco.

- Botas de señora da marca Maria Mare, modelo 3498, incluído o 3 de marzo e notificado polo Goberno vasco.

- Zapatos de cabaleiro da marca Jiaozu, modelo X72-17 B, incluído o 3 de marzo e notificado pola Junta de Andalucía.

- Botas infantís da marca Pasite, modelo P962 negro, incluído o 3 de marzo e notificado polo Goberno vasco.

- Calzado infantil da marca SPWSH, modelo LT111C, incluído o 3 de marzo e notificado polo Goberno vasco.

- Botas de señora da marca Just Woman (JW), modelo JW 903 negro 803203 nº 37, incluído o 2 de marzo e notificado pola Junta de Comunidades de Castela la Mancha.

- Botas de señora da marca Mimao, modelo 74059, lote 105017, incluído o 2 de marzo e notificado pola Junta de Comunidades de Castela La Mancha

FACUA recomenda ós consumidores que sufrisen danos polo uso deste calzado tóxico que reclamen indemnizacións ás marcas.

Ó estar impregnados de dimetilfumarato, estes productos poden producir "un risco grave para a saude", segundo declarou o Ministerio de Sanidade e Consumo, xa que é unha sustancia "nociva por vía dermal", "irritante para a pel", que pode causar "lesións oculares graves" e incluso a concentracións moi baixas producir "lesións alérxicas".
Pode consultar a noticia íntegra no seguinte enlace: https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=3975


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola