Clausura da IV Semana Gastronómica e Ruta do Pincho 2010
27 Xul 2010 | A.E.A.S.

Este luns 26 de Xullo tivo lugar o acto de clausura da IV Semana Gastronómica e Ruta do Pincho 2010, coa entrega dos agasallos ós premiados resultantes do sorteo. Tódolos participantes da IV Semana Gastronómica e Ruta do pincho que encheron o folleto de participación entraron no sorteo dos premios,  para ver a listaxe de premiados pode consultar o arquivo adxunto a esta noticia.

Por outro lado,  ademais dos premiados no sorteo, tamén houbo dous galardoados máis, trátase de dous dos participantes do evento. Dende a A.E.A.S. un ano máis decidimos darlle voz ós comensais e clientes dos nosos establecementos, habilitando un espazo nos folletos participativos para dar a opinión e valorar a experiencia. Este ano a directiva da A.E.A.S. quixo dar un paso máis facendo entrega de dous trofeos,. Por un lado ó Restaurante Arcadia co “premio ó Restaurante destacado da IV Semana Gastronómica” e por outro lado ó Lar de Félix co “Premio ó Pincho máis orixinal da Ruta do Pincho 2010”, estes galardóns aínda que entregados da man da Presidenta da A.E.A.S. son realmente concedidos pola clientela que destacou a estes dous establecementos por riba dos demais. Deste xeito a A.E.A.S. quere agradecer a tódolos hostaleiros participantes o seu esforzo e colaboración  ó participar neste evento.

Clausura da IV Semana Gastronómica e Ruta do Pincho

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Á finalización deste acto, tivo lugar unha cea no Restaurante Asador O Recreo de Arcade, para os participantes da IV Semana Gastronómica e Ruta do Pincho, á que acudiron algúns dos patrocinadores e hostaleiros.

O balance deste ano foi moi positivo seguindo a tendencia de anos anteriores. Aumentando a afluencia de público ó evento.

Dende a A.E.A.S. queremos agradecer a tódolos participantes, clientes e hostaleiros, e patrocinadores do evento.

Esperámolo ata o ano que ven!


 

 

AdxuntoTamaño
premiados_s._g._2010_prensa.doc20.5 KB
premiados_ruta_do_pincho_2010_prensa.doc21 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola