Iniciar sesión
Dende a Asociación de Empresarios de Arcade-Soutomaior, queremos dar a coñecer a oferta formativa para os traballadores do Sector do Comercio. Ditos cursos non teñen coste algún, nin para o traballador nin para a empresa, debido a que están financiados por Fondos Públicos e Cofinanciados polo Fondo Social Europeo.
Todos os cursos se realizarán a través de Internet con total flexibilidade horaria, os requisitos necesarios para a realización son: estar cotizando á Seguridade Social como traballador do sector do comercio, xa sexa como autónomo ou dentro do réxime xeral.
Documentación necesaria para a inscripción:
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
- Fotocopia da cabeceira da última nómina ou último recibo de autónomos.
- Folleto de inscripción debidamente cumplimentado.
As datas de inicio dos cursos están suxeitas a modificacións xa que é necesario que haxa un mínimos de 10 alumnos para que se poidan iniciar os cursos.
Adxuntamos á noticia a folla de inscripción e a lista dos cursos ofertados.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Ficha_Inscripcion_FGC_2009_feb.pdf | 100.71 KB |

