Encontro Empresarial: Propostas ante a Crise
14 Abr 2009 | Confederación de Empresarios de Galicia
  A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), consciente da crise económica que está a afectar á economía española, en xeral, e á galega, en particular, así como a súa incidencia nos principais sectores do tecido produtivo da comunidade, convoca a unha xornada na que presentará as súas propostas para reconducir a actual situación e minorar o seu impacto nas empresas. O obxectivo deste evento consiste en formular unha serie de medidas tanto de carácter sectorial como de ámbito xeral dirixidas a favorecer a actividade económica e empresarial e a mellora da súa competitividade.

O acto consistirá nun plenario no que os responsables dos principais sectores produtivos da economía galega presentarán de xeito individual unha breve análise da situación das súas empresas e as medidas que consideran imprescindibles adoptar para reverter a actual deterioración da súa actividade.

Ao acto convocaranse empresarios, representantes da Administración autonómica e dirixentes das centrais sindicais galegas. Así mesmo, estará presente o presidente de CEOE, Gerardo Díaz Ferrán.

O evento, aberto a todos os empresarios, sen necesidade de inscrición previa, terá lugar o luns, 20 de abril, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro), en Santiago de Compostela. O horario previsto é de 18:00 a 21:00 horas. Para máis información consulten o programa adxunto á noticia ou consulten a páxina Web da Confederación: http://www.ceg.es/

Dende a A.E.A.S. convidamos a tódolos interesados a acudir a este encontro, e poñémonos á vosa disposición para calquera aclaración.

AdxuntoTamaño
programa_encontro_empresarial.pdf272.5 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola