Iniciar sesión
Entrega de Premios da Campaña de Promoción do Comercio e do Concurso de Debuxos de Nadal
11 Feb 2009 | A.E.A.S.
O pasado luns día 9, celebrouse no Restaurante Avenida a entrega de Premios da Campaña de Promoción do Comercio en Nadal, Reis e Rebaixas de Inverno.
A ela asistiron tódolos premiados que foron obsequiados cos seus respectivos agasallos da man dos comerciantes que repartiron o premio.
Ademais tamén tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Debuxos de Nadal, os rapaces gañadores recibiron da Asociación unhas fermosas bicicletas como premio.
(Premer nas fotografías para agrandalas)
Tódolos premiados
Premiados no Concurso de Debuxos de Nadal



