11 Dec 2011 | Portal do Comerciante
A Dirección Xeral de Comercio co fin de dinamizar e impulsar a modernización do comercio galego mediante a participación destes nas redes sociais está a desenvolver I Concurso de Fotografía Comercial Re-MÍRATE. O obxectivo desta iniciativa é o de plasmar as cualidades artísticas dos comerciantes galegos á hora de proxectar con creatividade e estilo o seu establecemento comercial.
Haberá catro premiados que verán recompensado o seu talento mediante a publicación da súa fotografía na páxina incial do Portal do Comerciante. Ademais, contarán co asesoramento dun especialista en escaparatismo do seu establecemento comercial. Para participar pódense enviar as fotografías a fotosportaldocomerciante [dot] cei [arroba] xunta [dot] es ou subilas directamente na páxina de Facebook www.facebook.com/portaldocomerciante. No fallo terase en conta, con ata un máximo de cinco puntos (sobre 10), o número de apoios que reciban as fotografías (número de Me Gustas). Os interesados en participar deberán ser titulares ou traballadores de calquera establecemento comercial de Galicia. Podese enviar un máximo de tres fotografías de temática comercial. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de decembro e o fallo do concurso realizarase o 16 de decembro. As bases do concurso pódense consultar na páxina web do Portal do Comerciante http://portaldocomerciante.xunta.es e na páxina de Facebook www.facebook.com/portaldocomerciante