Iniciar sesión
O vindeiro Sábado 26 de Xuño, se celebrará o II Congreso de Autónomos de Galicia, organizado por APE Galicia (Asociación Intersectorial e Interterritorial de autónomos de Galicia, terá lugar a partir das 17:00 horas no Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra.
Adxunto a esta noticia atoparán o programa provisional do acto. Acudirán entre outros; D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Cristóbal Montoro Romero, Portavoz de Economía do Grupo Popular, D. Luís Acuña Trabazos, Presidente de APE Galicia, entre outros profesionais do ámbito empresarial e da Administración.
Antes da clausura do Congreso, que será levada a cabo polo Presidente da Xunta, D. Alberto Núñez Feijóo, entregaranse unha serie de distincións por parte de APE Galicia ós autónomos distinguidos.
Desde a A.E.A.S. animamos a tódolos socios a acudir a este acto que pretende unir a tódolos autónomos nestes tempos de crise.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Programa_II_Congreso_Autonomos.doc | 23.5 KB |

