Invitación a Feira de Mostras de A Coruña
3 Dec 2011 | AEAS e Federación Autónomos de Galicia
A Asociación de Empresarios de Arcade - Soutomaior ten o pracer de invitar a todos os seus asociados a XVIII Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (FEMAGA-2011) que se celebrará do 3 ao 8 de decembro en EXPOCORUÑA.
Nesta Feira poderanse visitar stands de tódolos sectores: telecomunicacións, decoración, floristería, construcción, alimentación, hostalaría, artesanía,... así como asociacións profesionais e outras institucións. Tamén se contará con desfiles de moda, actuacións musicais e xornadas técnicas.
Para obter a súa invitación só ten que pasar a recollela na oficina da AEAS de martes a Venres de 9:30 a 14:30 horas. Se desexa visitar a exposición sen invitación terá que pagar 5 euros en taquilla.



