Modificación da Lei de ordenación do Comercio Interior de Galicia
8 Xan 2010 | Xunta de Galicia
O PRESIDENTE DA XUNTA

JAVIER GUERRA ASEGURA QUE A MODIFICACIÓN DA LEI DE COMERCIO INTERIOR DOTARÁ A GALICIA DUNHA NORMATIVA ACTUALIZADA E EFICAZ QUE PROTEXERÁ O INTERESE XERAL

 

O Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou que os cambios legais introducidos na Lei de Ordenación do Comercio Interior de Galicia (Lei 10/88), "son unha mostra da vontade do Goberno da Xunta de dotar ao sector dunha normativa actualizada e eficaz" que, ao mesmo tempo, acada en prazo a obrigada transposición á Directiva Europea de Servizos e evita que Galicia poida atoparse nunha situación de incertidume legal de negativas consecuencias para o equilibrio da oferta comercial.

O principal eixo da modificación da normativa ata o de agora en vigor deriva das disposicións que a propia Directiva establece na regulación da liberdade de establecemento e prestación de servizos, e que conectan co respecto ao interese xeral, de xeito que sexa compatible compatibilizar a liberdade de apertura cun axeitado ordenamento do territorio que favoreza o desenvolvemento equilibrado e garanta o benestar de todos os galegos.

Esta modificación legal ven a garantir, unha vez se teña cumprido o prazo para a transposición da Directiva de Servizos Europea (fixado o 28 de decembro), a tramitación autonómica unicamente das licencias dos proxectos comerciais de incidencia supramunicipal.

O PRESIDENTE DA XUNTA

Deste xeito, os establecementos comerciais que se instalen en solo urbano non consolidado ou solo urbanizable, cunha superficie útil de exposición e venta ao público superior aos 2.500 metros cadrados, deberán obter a licencia administrativa da Xunta que asegura o axeitado cumprimento das disposicións relativas ao interese xeral.

Os cambios introducidos, apuntou o conselleiro de Economía e Industria, tamén cumpren cos obxectivos de simplificación administrativa requeridos pola Directiva, posto que "o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica integrarase no procedemento para o outorgamento da licenza municipal de actividade". Ademais, o réxime de autorización previsto na modificación garante a proporcionalidade e a non discriminación entre empresas, con independencia da súa nacionalidade, procedencia, características e formato".

Javier Guerra aproveitou a súa presenza no Parlamento de Galicia para anunciar que o Goberno galego ten preparado xa "un texto integral regulador da actividade comercial que, ademais de incluír os artigos que hoxe son obxecto de debate e votación, dea resposta ás demandas dos comerciantes sen descuidar a protección dos consumidores e aberto ás novas realidades e formatos comerciais".

O conselleiro avanzou que o novo texto regulará a creación dun Observatorio do Comercio Galego configurado como un órgano asesor, consultivo, de estudo e formación en materia de comercio; a posta en marcha dunha Mesa Local de Comercio, ampliamente demandada polo sector, que terá funcións coordinadoras do traballo das asociacións coas administracións; definirá por primeira vez os Centros Comerciais Abertos; establecerá un control sobre a figura dos outlets, das promocións en xeral, e das rebaixas en particular; controlará a proliferación das Feiras de Oportunidades; e incidirá no urbanismo comercial regulando o uso comercial do solo.

Todas estas medidas complementaranse co plan de actuación que a Consellería de Economía e Industria está a por en marcha para reactivar o comercio galego e que pivota sobre catro eixos de actuación: dinamización, potenciación, formación e ordenación. Javier Guerra apuntou que a Xunta traballa na Rede de Dinamización Comercial que permitirá descentralizar servizos para estruturar o tecido comercial, e xa está a potenciar a labor das asociacións de comerciantes e as figuras dos Centros Comerciais Abertos para acadar unha mellora do comercio de proximidade. Asemade, tamén se avanza na formación para dotar ao sector das ferramentas precisas para innovar, modernizar e mellorar as empresas.

O conselleiro de Economía e Industria pechou a súa interintervención lembrando o compromiso do seu departamento e do Goberno da Xunta co comercio galego, e afirmou que a "modificación da Lei de Comercio Interior de Galicia aportará aos comerciantes galegos nova seguridade, xa que o establecido na Directiva debe ser adaptado á nosa realidade, e non pode quedar aberta unha vía de incertidume".

 

Para consultar a Lexislación íntegra, preman no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/43C9A?OpenDocument

 

Ou consulten os documentos adxuntos.

AdxuntoTamaño
Modificacion_da_Lei_de_Ordenacion_do_comercio_interior_de_Galicia.pdf49.59 KB
Lei_ordenacion_do_comercio_interior_de_Galicia_1988.pdf134.86 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola