Nova lei de Residuos de Galicia
15 Xan 2009 | Faro de Vigo, (Dec. 2008)

A Lei Integral de Residuos de Galicia incorpora como novidades a obriga para as empresas de realizar un "autoanálisis ambiental" con periodicidade anual e a creación dunha auditoría ambiental coa que deberán colaborar as entidades. O obxetivo do informe consistirá en "optimizar" as instalacións das entidades, a través da aplicación de técnicas de producción limpa ou de mecanismos de minimización de residuos. Pola súa parte, a auditoría fomentará a colaboración coas empresas, para identificar puntos críticos en materia ambiental e para adoptar medidas que melloren a súa "ecoeficiencia".

A lei, que entrará en vigor o próximo 18 de febreiro de 2009 - tres meses despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia -, dotará á orde xurídica galega dun marco normativo sobre o que pivotará o resto da lexislación en materia de residuos, cunha concepción única e integral do tratamento aplicable á producción dos residuos.

Ademáis, entre os dez títulos nos que se estructura, a lei incorpora un réxime de inspección e sancionador que correrá ó cargo da Consellería de Medio Ambiente ou do Concello competente. Con este fin, establece un catálogo de infraccións e sancións que será guiado polo principio de reparación e restauración do medio ambiente alterado, con independencia da multa imposta. Para as sancións consideradas moi graves, a lei prevé multas que van dende os 30.000 euros ata algo máis dun millón.

A continuación, no seguinte enlace, adxuntamos o texto descargable da propia lei para maior claridade.

AdxuntoTamaño
lei_de_residuos.pdf141.05 KB

Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola