Iniciar sesión
- O director do Inega, explicou hoxe en rolda de prensa
que o Instituto Enerxético de Galicia habilita un orzamento inicial de
3,1 millóns de euros para a substitución de electrodomésticos por
equipamentos de baixo consumo enerxético
- Con esta nova
actuación, que se enmarca dentro da aposta global da Xunta de Galicia
pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, posibilitarase
un aforro de enerxía de preto de 16.000 MWh, o que supón evitar a
emisión de case 2.500 toneladas de CO2 á atmosfera
- A
solicitude de axudas, dunha contía máxima do 25% do prezo do
electrodoméstico e de ata 125 euros por equipo, poderase realizar a
partir dos 20 días seguintes á próxima publicación no DOG do Plan,
prevista para o luns, 12 de xullo
- Con esta campaña de fomento
do aforro e da eficiencia, maioritariamente no sector doméstico,
xerarase un investimento asociado de en torno a 12,4 millóns de euros
- A Consellería de Economía e Industria, a través
do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de asignar unha partida
orzamentaria inicial de 3.100.000 euros para poñer en marcha o Plan
Renove de Electrodomésticos 2010, co que se prevé que máis de 33.500
familias galegas aforren un total de algo máis de 1,3 millóns de euros
na súa factura eléctrica, o que supón unha media de 40 euros por fogar, e
que posibilitará xerar un investimento asociado estimado en 12,4
millóns de euros.
Esta liña de axudas, presentada hoxe polo
director do Inega, Eliseo Diéguez, encádrase na aposta global da Xunta
de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética en
todos os sectores, e subvencionará a substitución de electrodomésticos
antigos por equipos con etiquetado enerxético A ou superior, co
obxectivo final de reducir o consumo de enerxía eléctrica
maioritariamente no sector doméstico.
Para máis información consulten:
http://www.inega.es/inega/2007/upload/not/89-d-NP_RENOVE_ELECTRODOMESTICOS_2010.pdf
Dende a A.E.A.S. animamos a tódolos interesados a consultar os comercios de venta de electrodomésticos asociados, no noso apartado de "Socios".

