Rebaixas de inverno
7 Xan 2012 | AEAS

 

A AEAS pon a disposición de todos os seus asociados carteis de rebaixas de inverno.

Convén recordar que é preciso anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nos establecementos. Estes carteis deben ser perfectamente visibles dende o exterior, aínda cando o establecemento esté pechado, e neles deberá constar claramente o periodo de vixencia das rebaixas.

O período de rebaixas de inverno poderase fixar libremente entre o 7 de xaneiro e o 7 de abril (ambos incluídos). Cada comerciante poderá fixar as datas que considere máis oportunas debendo ser durante un período contínuo de como mínimo unha semana e como máximo dous meses.

Se vostede é asociado pode solicitar carteis de rebaixas ou máis información na AEAS.


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola