A Asociación de Empresarios de Arcade Soutomaior colabora coa Oficina Provincial de Comercio REDIC nunha campaña de información e difusión do Rexistro Galego de Comercio.
O Rexistro Galego de Comercio ten por obxecto a inscrición dos establecementos comerciantes da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das persoas comerciantes e das asociacións por elas constituídas, só para os efectos estatísticos e co propósito de crear un censo actualizado de establecementos comerciais de Galicia.
É público e a inscrición é gratuíta. Ademais será condición indispensable para optar a calquera liña de axuda convocada pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou para participar activamente en programas específicos.Podedes atopar máis información sobre este tema no Portal do Comerciante Galego.
Para máis información acudide a oficina da AEAS.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| DOG_84_Rexistro_Galego_de_Comercio.pdf | 1.07 MB |



