Sorteo de 3 cestas de Nadal
20 Dec 2011 | AEAS

 

 A AEAS invita a todos os seus asociados a participar na campaña de  promoción do comercio Unha Ilusión de Nadal 2011. Esta campaña, que conta co apoio da Federación de Comercio de Pontevedra, levarase a cabo en decembro de 2011 en Arcade-Soutomaior.

O sorteo de 3 cestas de Nadal celebrarase o 20 de decembro de 2011. A entrega das cestas será o 22 de decembro de 2011.

Para participar, cada asociado deberá repartir entre os seus clientes os cupóns facilitados pola AEAS. Estes cupóns deberán estar selados pola entidade asociada e os clientes depositaranos debidamente cubertos no establecemento que llos outorgou.

Se vostede é unha empresa asociada, solicite máis información ou cupóns para participar na campaña na oficina de AEAS.

 


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola