Iniciar sesión
O centro de maiores, o primeiro do municipio, está situado xunto a Alameda de Talorío e dispón dunha zona para xogos de mesa, sala de televisión e espazo para a lectura.
Os maiores de Soutomaior xa dispoñen dun local de ocio no que disfrutar de xogos de mesa, vela televisión, ler a prensa ou simplemente compartir un rato de compaña. Trátase do primeiro centro para a terceira idade do municipio, un local de 150m2 situado na Alameda de Talorío, en pleno centro de Arcade.
O novo centro social para maiores é unha iniciativa do goberno municipal, que decidiu aproveitar estas dependencias da súa propiedade para ofrecer un servizo moi necesario en Soutomaior, posto que é un municipio cunha elevada poboación que supera os 65 anos.
O alcalde, Agustín Reguera, que presidiu o acto de inauguración do centro, anunciou que as instalacións se completarán próximamente con outro local, da mesma superficie, situado no entrechán do edificio, que se destinará a cursos, conferencias e outras actividades dirixidas ós maiores.
Os dous locais foron cedidos ó concello pola promotora que construíu a alameda de Talorío, como constaba no convenio urbanístico que permitiu o desenrolo desta zona. O concello destinou unha partida de 60.000 euros para acondicionalo novo centro da terceira idade, mentres que a reforma das dependencias que se ubicarán no entrechán, están financiadas pola Deputación, cuxo vicepresidente, Xosé Manuel Figueroa, tamén estivo presente no acto de inauguración.
O local de maiores, adaptado para discapacitados, abre tódolos días en horario de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas.
Para ver a noticia orixinal: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009021700_3_297806__Comarcas-Soutomaior-abre-centro-Arcade-local-ocio-para-tercera-edad

